lunes, 19 de diciembre de 2011

OS GRAOS DE SEPARACIÓN

Nos anos 60 Milgram realizou un estudo que demostrou que o número de individuos que separan a dúas persoas descoñecidas é de 6. Este é o numero de estacións que debe superar unha carta para chegar ata outra persoa. O mesmo dato revelou un experimento posterior que se realizou empregando o correo electrónico a nivel mundial.

Non obstante, Fowler e Christakis  descubriron que se unha persoa se comporta dun certo modo (como por exemplo gañar peso) este comportamento influirá nos seus amigos ata en tres grados. Isto quere dicir que se una persoa come, os seus amigos, os amigos dos seus amigos e os amigos dos amigos dos seus amigos corren o risco de verse influenciados polo comportamento desa persoa e comezan a engordar.

 As redes sociais inflúen na sociedade. Cando unha persoa se volve obesa hai unha relación que inflúe nos seus amigos. Non serán os descoñecidos os que poidan volverse tamén obesos, senón que son os seus contactos máis cercanos os que teñan un 57% de posibilidades de sufrir a obesidade.; isto coñecémolo como poder do contexto.

 O científico James Fowler é un dos máis importantes investigadores acerca das redes sociais e as influencias que estas teñen na sociedade e hai numerosos experimentos, que realizou xunto a Christakis, que confirman esta teoría. Unha das estadísticas máis sorprendentes que se obtiveron foi que cantos más amigos se teñan maior é a probabilidade de aumentar o grao de alegría e felicidade.

O que o vídeo pretende transmitir é que as redes sociais inflúen en nós e nos nosos contactos máis do que pensamos e que nas redes sociais toda a sociedade está conectada a través dos distintos amigos aínda que non se coñezan, separadas en 6 graos como termo medio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario