domingo, 25 de marzo de 2012

CROUD COMPUTING


Na actualidade, as persoas, rexistrámonos en infinidade de redes sociais ou simplemente en calquer sitio web. E enchemos un formulario de rexistro no que se nos pide que escribamos unha palabra que aparece distorsionada. Sen embargo, isto ten unha función.


 Esas letras chámanse captchas e serven para verificar que quen se dá de alta no sitio é unha persoa, e non unha máquina. As persoas asocian esas imaxes a palabras mentres que as máquinas non poden distinguir os caracteres que se mostran. 


Ese é o obxectivo dos novos recaptchas. Esta tecnoloxía mostra dúas palabras en lugar de unha, como facía a antiga versión. Unha delas serve para comprobar que é unha persoa quen se rexistra. A outra serve para dixitalizar libros.  Escanéanse libros antigos, cuxas follas estan desgastadas e resultan difíciles de comprender. Cóllense as palabras soltas e introdúcense nos capatchas. Deste xeito, as persoas cando as escriben ben axudan a dixitalizar ese libro. Cada día 200 millóns de persoas ingresen un captcha para rexistrarse nunha páxina web, fai que ese proceso de dixitalización de libros sexa moi rápido.


Na internet hai milleiros de persoas tentando aprender idiomas e pagando por programas que lles axuden a facelo. Duolingo preséntase como unha alternativa. As persoas entran neste sitio e comezan a traducir frases e palabras que lles axudan a mellorar o seu nivel nese idioma. Estas traduccións de persoas correntes son empregadas ao mesmo tempo para traducir páxinas web. Esta traducción é gratuíta xa que non hai que pagarlle a un profesional para que o faga. Os resultados tamén son moi satisfactorios xa que é un traballo colectivo de varias persoas, algo que sería inimaxinable se se empregase a traducción automática dos ordenadores, que comete moitos erros.  O creador deste proxecto chámase Luis Von Ahn.










No hay comentarios:

Publicar un comentario