O señor Rodriguez Ibara nos seu primeiro artigo compara a propiedade intelectual con antigos inventos que foron o resultado da combinación doutros anteriores. Deste xeito coóntanos que os inventores da roda e da maleta, non deberían cobrar dereitos de autor cando se ideou a maleta de rodas? O mesmo coa fregona en relación co pau e co trapo. Despois de ter exemplificado o tema do que fala con varios exemplos céntrase na música: por que cando a un lle interesa unha canción determinada e vai a unha tenda coa intención de mercala, vése obligado a ter que comprar trece cancións máis que nin lle gustan nin lle interesan? Para que lle vale mercar una caixa de plástico cun Cd se solo quere a súa canción? Segundo esta regra, porqué o fruteiro cando el lle pide laranxas non lle mete no cesto melóns?
O escritor Antonio Muñoz Molina critica no seu artigo a forma de pensar e as ideas de Rodríguez Ibarra. Sen embargo, tamén ten a súa parte de razón dicindo que o que premian os dereitos de autor son a orixinalidade e a imaxinación dos artistas para crear. Tamén esta no certo afirmando que para que él poida escoitar a súa canción hai moita xente detras de esas obras que fixo un bo traballo e axudou a hora de realizar ese proxecto ao igual que pasa cando el merca fruta
O escritor parece querer conservar o sistema de ventas e o concepto da propiedade intelectual como ata agora, desde unha posición máis conservadora sen abrir as súas portas as novas tecnoloxías.
Ibarra, na contrarreplíca, acláralle a súa situación, expón argumentos comprensibles para intentar defender as súas ideas. Propón a creación, por parte do Estado, dunha actividade na que se haxa unha parte de beneficios para os creadores. Dende un punto de vista progresista chama aos españois ao avance tecnolóxico, ao aproveitamento dese novo mundo que conforma Internet, que nos ofrece moitas máis vantaxes das que cremos e aproveitamos na actualidade.
Estou de acordo co señor Rodriguez Ibarra. Pero o que se debería facer e chegar a un punto no que os artistas poidan chegar a obter beneficios polas súas obras creadas e nos, os consumidores non teñamos que andar a gastar demasiados cartos pero para elo, tanto aoutores com nos, témonos que adaptar as novas tecnoloxías






