martes, 15 de mayo de 2012

 A PIRATARÍA


En España, existe unha teoría baseada en que se a xente pode conseguir algo gratis, hai que aproveitalo ata que chegado un momento nos obriguen a pagar por elo. Non é sinxelo competir no mercado cando o comprador pode facerse co produto de forma gratuíta. Pero non imposible: a única opción e a rapidez á hora de mercar e traballar. Como exemplo, podemos ollar ás empresas estadounidenses (Itunes, Kindle, ou Netflix) que ofrecen a posibilidade de descargar música, e-books e películas por un prezo escaso. As súas ventas non deixan de crecer e as súas contas de aumentar.


Isto permite disfrutar do que queremos con solo un clic e en menos de 30 segundos. Por iso a xente prefire pagar unha pequena cantidade de cartos, antes que conseguir os arquivos gratuitamente.Ainda que segue habendo moita xente que segue  descargándose cousas ilegalmente apesar de que teñan unha calidade ínfima e mala.


Escritores como Gómez-Jurado, son partidarios deste sistema, pero sosteñen que no noso país non se podería implantar actualemnte, debido ao medo. Os españois mostrámonos reacios ante un cambio no mercado; unha actitude incentivada pola creación de leis (Ley Sinde) que complican este tipo de consumo. Asústanos o feito de mercar cultura sen tela diante de nós. Que este pensamento cambie está nas mans de tosdos nós. O comezo deste cambio de actitude pasa pola creación de novas licenzas máis abertas e flexibles, por deixar de cobrar polas copias e polo respeto ao consumidor.




Os creadores deben aproveitar o mercado dixital, xa que os consumidores, somos os responsables de que os autores pidan vivir das súas creacións. As industrias teñen que ter en conta que o mercado dixital é o que funciona no presente e funcionará no futuro. Aos consumidores non lles queda outra que perder o medo a usar estas plataformas de compra dixital, tendo en conta que copiar non é roubar e que para que poidan descargar esa copia, unha persoa tivo que traballar duro para crear a orixinal.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario